
O fin de este vapor era recoller a todas as persoas as cales querían emigrar as Américas, levalas a Fernando Poo (Cádiz) onde collerían outro barco que os levaría ao outro continente.
Todo iba vento en popa, o único pero era o temporal que aquel 1 de xaneiro ameazaba as costas galegas, para solucionar isto o capitán propuxo apurar a viaxe e refuxiarse do forte temporal na ría da Arousa, onde tería que parar en Vilagarcía. A esto impuxeronse os baixos de Sálvora, que cando o capitán se quixo dar conta xa era demasiado tarde, todo apuntaba a que ían bater contra as rochas de Sálvora e así foi, como curiosidade, antes de perder as comunicacións co centro de mandos dende o vapor quixeron mandar unha mensaxe de axuda, pero so puideron decir "estamos en salv..." polo cal as persoas que recibiron a mensaxe confundirona con "estamos a salvo".
Logo diso comezaron a botar os botes de salvamento o cal sería aínda peor xa que irían directos aos baixos das rochas matando así as persoas que ían neles .
Xa de madrugada o torreiro enterouse dos gritos coa axuda de seu can, e ao ver aquela situación procedeu a avisar as persoas que permaneceron na illa, que por desgracia moitos a habían abandonado para pasar o aninovo nas parroquias de Aguiño ou Carreira.
Unha vez avisados os habitantes da illa, organizaronse de xeito que, algúns homes viaxarían a Ribeira a buscar reforzos, pero as chamadas Heroínas de Sálvora, sen permiso colleron as dornas pequenas e levaronas ata a zona do naufraxio para axudar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario