
Eran tres barcas, mais coñecidas como dornas, as que saíron na axuda dos náufragos, unha desprazaríase a ribeira para buscar reforzos, noutra iban tres mariñeiros os cales se desprazaron dando toda a volta á illa, as heroínas vendo a lentitude do salvamento decidiron coller outra dorna e desprazarse pola ruta máis complicada e rápida para chegar ao naufraxio, correndo o risco de bater contra as rochas debido ao forte vento daquela noite, dise que salvaron entre 20-50 persoas aquela noite. Por desgracia aquela noite morreron 213 persoas pero puderon haber sido moitas mais sen a axuda das heroínas de Sálvora. A pesar de ter recoñecementos na época, elas nunca se consideraron heroínas,e mais ala diso esta historia considerase unha gran descoñecida, posto que pouca xente se acorda deste suceso ou sequera oeu falar del, a día de hoxe as heroínas tiveron en 2014 o maior recoñecemento, o cal foi que o colexio da parroquia de Aguiño se pasase a chamar CEIP Heroínas de Sálvora. En 2020 saiu tamen unha pelicula basada na traxedia pero distorsionando moito o que realmente acontece.
No hay comentarios:
Publicar un comentario