1 feb 2021

A traxedia do Santa Isabel

 

 

O 2 de xaneiro de 1921 produciuse unha catastrofe que marcaría a historia da illa de Sálvora para o resto da historia, este acontecemento sería o naufraxio do Santa Isabel, buque o cal transpòrtaba a máis de 200 persoas das cales só sobrevivirían 50.

O fin de este vapor era recoller a todas as persoas as cales querían emigrar as Américas, levalas a Fernando Poo (Cádiz) onde collerían outro barco que os levaría ao outro continente.

Todo iba vento en popa, o único pero era o temporal que aquel 1 de xaneiro ameazaba as costas galegas,  para solucionar isto o capitán propuxo apurar a viaxe e refuxiarse do forte temporal na ría da Arousa, onde tería que parar en Vilagarcía. A esto impuxeronse os baixos de Sálvora, que cando o capitán se quixo dar conta xa era demasiado tarde, todo apuntaba a que ían bater contra as rochas de Sálvora e así foi, como curiosidade, antes de perder as comunicacións co centro de mandos dende o vapor quixeron mandar unha mensaxe de axuda, pero so puideron decir "estamos en salv..." polo cal as persoas que recibiron a mensaxe confundirona con "estamos a salvo".

Logo diso comezaron a botar os botes de salvamento o cal sería aínda peor xa que irían directos aos baixos das rochas matando así as persoas que ían neles .

Xa de madrugada o torreiro enterouse dos gritos coa axuda de seu can, e ao ver aquela situación procedeu a avisar as persoas que permaneceron na illa, que por desgracia moitos a habían abandonado para pasar o aninovo nas parroquias de Aguiño ou Carreira.

Unha vez avisados os habitantes da illa, organizaronse de xeito que, algúns homes viaxarían a Ribeira a buscar reforzos, pero as chamadas Heroínas de Sálvora, sen permiso colleron as dornas pequenas e levaronas ata a zona do naufraxio para axudar.

Resume cronolóxico sobre a historia de Sálvora

 Sálvora é unha illa do océano Atlántico, que se atopa na bocana da ría de Arousa, Galicia, España. Separada de terra firme por unha distancia duns 3 km polo norte. Ocupa unha superficie de cerca de 190 ha, e ten unha cota máxima de 71 metros (As Gralleiras). Casi todo o perímetro da illa e zona rochosa, a excepción de tres praias de branca e fina area. Dende 2001 está integrada no parque nacional das Illas Atlánticas de Galicia, e a pesar de ser bastante descoñecida, podemos sacar moita información da súa historia:

 

  • 812- Alfonso II o Casto, dona a corticela de Santiago a illa de Sálvora para o sustento dos seus monxes.
  • 899-Alonso III o magno, cede a illa a santa igrexa Compostelana    
  • 910- Ordoño II dona Sálvora ao Santo Hospital da Igrexa
  • 1120- Naves sarracenas ocupan Sálvora, que e recuperada por barcos de Iria Flavia e os do arcebispo Gelmírez                                                                 

  •    1552- Creación do vínculo e Morgado de Goyanes, Illa de Sálvora e Carreira
  •    1779-O comerciante Jerónimo Hijosa instala en Sálvora unha fábrica de peixe e salazón de peixe

  •  1789- Vicente Caamaño obtén unha Real Cédula para establecer unha almadraba de peixe
  •  1790- Inicio dos xuízos entre los vecinos de Carreira encabezados polo cura Manuel Acuña, habitante de San Paio, e Vicente Caamaño, pola titularidade da illa, e incorporación de la igrexa ao xuízo sobre a propiedade
  • 1820- Matrimonio de Isabel de Mariño y de Acuña, que acerca como dote matrimonial la isla de salvora

  • 1852- Constrúese o primeiro faro en Sálvora
  • 1904- o estado apropiase de Sálvora por necesidade de defensa nacional
  • 1921- Naufraxio do Santa Isabel 

  • 1921- En Diciembre inaugurase o novo faro de Sálvora
  • 1954- O ministerio do exército abandona Sálvora; Iniciandose o proceso da illa por los Otero
  • 1954- Reformase el faro
  • 1958- Inscribese Sálvora ao nome da familia Otero Goyanes
  • 1970- Abandonan la illa os últimos habitantes de Sálvora

  • 1997-Os últimos habitantes estables de Sálvora, os torreiros, abandonan o faro ao producirse a total automatización do sistema de sinales
  • 2002- O 1 de Xullo Sálvora incorporase ao Parque Nacional das illas Atlánticas
  • 2007- A familia dos Goyanes vende Sálvora a Caixa Galicia e o estado exerce o dereito de pasalo a titularidade pública
  • Sálvora, Noro e Vionta pasan a ser da Xunta de Galicia